miércoles, 18 de abril de 2018

XORNADA TÉCNICA DE XESTIÓN E CONSERVACIÓN DA PÍLLARA DAS DUNAS

Píllara das dunas macho. A Lanzada. 15.4.2018. G. Ferreiro.

O vindeiro  20 de abril a partir das 10:30 da mañan, na Sede do Parque Natural de Corrubedo, (Ribeira), tera lugar unha Xornada Técnica sobre a Xestión e Conservación da Píllara das dunas (Charadrius alexandrinus), organizada polo Grupo de Traballo de conservación da especie en Galicia.

 Este Grupo de Traballo está composto por diversos Organísmos públicos e ONGs conservacionistas como son: Xunta de Galicia (Servizo de Conservación da Natureza),  Universidade de Santiago de Compostela, Concellos como O Grove ou Carballo e ONGs como Sociedade Española de Ornitoloxía (SEO BirdLife Pontevedra), Sociedade Galega de Ornitoloxía (SGO), Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN)... 

O obxetivo das Xornadas e involucrar a mais concellos galegos (e que teñen unha importante presenza da píllara das dunas nas suas praias)na conservación desta especie protexida, así como aos organismos que velan polo cumprimento da ley en relación coa natureza como: policias autonómicas ou SEPRONA.

O longo da mañan trataránse distintos aspectos relacionados coa bioloxía da ave, actuacións  que se estan levando a cabo en Galicia dentro do Plan de Conservación e diversos exemplos de intervencions en praias galegas para compatibilizar a conservación da píllara co uso lúdico e turístico dos areais.
Tamén se reservará un espazo de tempo para debatir e poñer en común cos concellos e demáis asistentes.

Programa:

- 10:30 h. Presentación da xornada. Jesús Domínguez (USC).

-  10:50 h. Aspectos da bioloxía da Píllara das dunas de interese para o seu manexo e conservación.                      María Vidal (USC).

- 11:10 h. Problemática da conservación da Píllara das dunas dende a óptica municipal. Experiencia                    do Grove. Ánxeles  Domínguez e Francisco Meis (Concello do Grove).

- 11:40 h. Contribución das sociedades conservacionistas á conservación da Píllara das dunas.                      Sociedade Española de Ornitoloxía. Encarna González e Gustavo Ferreiro. (SEO-Pontevedra).

-  12:00 h. Rolda aberta de intervencións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario